Deputación Ourensana

ChegOU

Información do programa


Quén pode ser beneficiario desta axuda?

O/a proxenitor/a, adoptante ou titor dun neno ou nena nado/a durante o ano 2026 en España, sempre que cumpra os seguintes requisitos:

Cada neno/a nacido/a, tutelado/a ou adoptado/a dará dereito a unha única subvención a favor do/a solicitante: proxenitor/a, titor/a ou adoptante.

A) A persoa solicitante ten que figurar empadroada nalgún concello da provincia de Ourense á data da solicitude e, ademais esta inscrición ten que cumprir algunha da seguintes condicións:

  • A.1 Que a inscrición nalgún concello da provincia de Ourense sexa anterior alo menos un mes antes da publicación do extracto das bases da convocatoria 2026.
  • A.2 Que a inscrición nalgún concello da provincia de Ourense teña una antelación de, cando menos, 6 meses anteriores a data de nacemento do/a menor que concede o dereito a esta axuda.

B) En caso de que a persoa solicitante sexa estranxeira, terán que cumprir, ademais, o establecido na LO 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos/as estranxeiros/as en España e a súa integración social.

Cada neno/a nacido/a, tutelado/a ou adoptado/a dará dereito a unha única subvención a favor do/a solicitante: proxenitor/a, titor/a ou adoptante.

En qué consiste a axuda que se pode solicitar?

A axuda consiste nun importe que variará entre 300€ y 1.250€ dependiendo de los criterios que cumplan los solicitantes.

Segundo o concello de empadroamento da/do solicitante.

  • Para concellos de grao 0 (sen prioridade), e grao 1 : 300,00€ (trescentos euros).
  • Para concellos de grao 2 e grao 3: 500,00 € (cincocentos euros).

Segundo a condición de persoa con discapacidade da/do solicitante ou do/a menor que xere o dereito á subvención.

  • Concellos grao 0 (sen prioridade) ou grao 1 + discapacidade acreditada : 750,00 €.
  • Concellos grao 2 e grao 3 + discapacidade acreditada: 1.000,00 €

Segundo a condición de familia numerosa

  • Empadroamento concellos grao 0 ou 1; 300,00 € + 250,00 € = 550,00 €.
  • Empadroamento concellos grao 2 ou 3; 500,00 € + 250,00 € = 750,00 €.
  • Empadroamento concellos grao 0 ou 1, discapacidade igual ou superior ó 33%; 750,00 € + 250,00 € = 1.000,00 €.
  • Empadroamento concellos grao 2 ou 3, discapacidade igual ou superior ó 33%; 1.000,00 € + 250,00 € = 1.250,00 €.
De qué prazo dispoño para facer a solicitude?

Para todos os nacementos/adopcións ou constitución de tutela do ano 2026 poderase presentar a solicitude ata o 31 de decembro de 2026, agás os nacementos /adopcións ou tutelas que tiveron lugar entre o 1 de decembro e o 31 de decembro de 2026, que poderán facela ata o 15 de xaneiro de 2027.

Cómo teño que presentar a solicitude?

Pódese presentar a través da opción Enviar Solicitude da páxina principal deste portal ou ben dende a App ChegOU dispoñible para dispositivos móbiles.

Necesito empregar o DNI electrónico ou certificado dixital para presentar a solicitude?

A presentación da solicitude pódese realizar empregando un certificado dixital.

Pode o solicitante sen certificado dixital presentar unha solicitude do Programa ChegOu?
  • Si, a persoa pode cubrir o formulario de solicitude dende o portal ChegOU ou a súa App, descargalo e imprimir o pdf e presentalo persoalmente. Para ser identificado, o documento deberá ser presentado persoalmente pola persoa interesada no rexistro electrónico da Deputación, dun concello ou dunha oficina de correos.
  • A través do sistema de firma biométrica vocal mediante video chamada chamando o telefono 988 317 864
  • Tamén dende o “CHUO, Complexo Hospitalario Universitario de Ourense” os/as solicitantes poderán facer a solicitude a través da “Tablet” do programa habilitada a tal efecto.
O solicitante pode acudir á Área de Benestar da Deputación de Ourense para que se lle axude na formalización e presentación da solicitude do Programa?

As persoas que carezan de medios tecnolóxicos ou que por calquera outro motivo non poidan cubrir a solicitude a través da páxina web ou aplicación do Programa, poderán dirixirse á Área de Benestar da Deputación de Ourense para xerar e presentar a súa solicitude:

  • A través dunha entrevista persoal co funcionario.
Unha vez cuberta a solicitude, procederase á súa impresión e rexistro electrónico da mesma.

O solicitante pode acudir aos servizos sociais do seu concello para recibir axuda para cubrir e presentar a solicitude do Programa?

Para evitar que as persoas que carezan de medios tecnolóxicos ou que por calquera motivo non poidan cubrir a solicitude a través da web ou App do Programa ChegOU teñan que acudir á Deputación de Ourense, habilita a posibilidade de acudir ao departamento de servizos sociais dende o seu concello.

Os servizos sociais municipais cubrirán a solicitude, imprimirana e entregaralla ao solicitante para que a presente no rexistro electrónico do concello, evitando así desprazamentos á capital da provincia.

Non podo o non sei presentar a solicitude electrónica, qué podo facer?

O cidadán que o precise poderá facelo dende a Área de Benestar da Deputación de Ourense, coa axuda dun funcionario habilitado para presentar a súa solicitude. Tamén poderá dirixirse aos concellos da provincia habilitados para presentala a través dos servizos sociais comunitarios municipais.

Qué documentación en papel teño que entregar coa solicitude?

O cidadán terá que presentar cero papeis. Ningunha documentación. Non se terá que preocupar de recopilar o documento oficial do seu concello no que se acredita o empadroamento, nin ir ao Rexistro Civil, nin fotocopiar ningún outro documento oficial.

Dende a Área de Benestar da Deputación de Ourense solicitarase toda a documentación ás outras administracións a través da "interoperabilidade" entre administracións. Só naqueles casos en que non fose posible comprobar algún requisito, poderá solicitarlle documentación probatoria.

Canto tardará a administración en aprobar e en enviarme a tarxeta?

A Deputación Provincial tramitará nun máximo de 7 días, dende o día da presentación, as solicitudes que cumpran os requisitos, e enviará unha tarxeta co saldo do importe da axuda aprobada.

Ata cando podo usar a tarxeta?

A tarxeta estará activa ata o 31 de maio de 2027. A partir desta data non poderá utilizarse.

Qué gastos podrán realizarse coa tarxeta?

A persoa beneficiaria da axuda recibirá unha tarxeta prepago que poderá gastar en farmacias ou parafarmacias, centros de audición, ópticas e ortopedias da provincia de Ourense. A contía deberá destinarse a gastos relacionados con productos hixiénicos, alimentarios ou de saúde.

Pode ter outro uso a tarxeta?

Non. Está excluído o seu uso online e tampouco poderá utilizarse directamente en caixeiros automáticos nin na entidade financeira.

Poderei coñecer en calquera momento o estado da miña solicitude ?

Dende o momento da presentación da solicitude, o cidadán poderá a través da administración electrónica, coñecer en todo momento cal é o estado da súa solicitude.